sábado, 20 de xuño de 2020

VACACIÓNS


Chegou o fin de curso, onte reencontro do grupo, foi moi emocionante! Qué ansia por vernos todos e todas!
Grazas a todos e todas por acudir á convocatoria, grazas ás familias pola paciencia e comprensión da situación tan complicada que nos tocou compartir. Grazas por cada detalle: a cesta de froita, a pulseira, o lámpada chea de productos, o marcapáxinas personalizado, a boneca para a miña colección, o cestiño cheo de doces, o xogo para infusións, o cartel personalizado, os vídeos, ... cada sorriso.
Desfrutade cada minuto no vran, cos amig@s, coa familia,... Moita sorte no IES que estou segura que sodes quen de facer un gran papel cada un de vós.
Espero veñades de visita para contarnos como vai a nova etapa! Ata pronto! Se premes na imaxe votarás un sorriso seguro!