xoves, 30 de maio de 2019

Première de Estudios Arnaldo Tv

Este curso 2019, soñamos cun patio de recreo, o mellor do mundo o noso. Entre vídeos, fotos, música estiveron moi creativos en  5º, o traballo en equipo foi moi laborioso, quixemos documentar os cambios e crear historias novas, tivemos que resolver atrancos varios, pero logramos producir programas de televisión, cada equipo organizou guión montou- editou imaxe- son e música. 



Compartimos imaxes da posta en común na Biblioteca para todos os niveis.
Preme nos enlaces dos programas de Tv.

DOCUMENTAL Que foi que será algo andan argallar

ANUNCIO PUBLICIDADE

TRAILER PANDI COLE

TRAILER TERRORÍFICO Cambio súbito

Agradecemos a asistencia das familias para o mércores 5 de xuño ás 13: 55. GRAZAS!












mércores, 22 de maio de 2019

Radio escolar

O alumnado de 5ºE.P. tivemos unha sesión completa de formación da radio escolar con Javier e Cris, agora xa podemos facela sos, tal como queriamos. Grazas

martes, 21 de maio de 2019

Letras Polo Correo do Vento

Hoxe tivemos a visita de Quique e Carlos, Polo Correo do Vento, presentaron as súas publicacións en Galego e o seu traballo publicado do homenaxeado Antonio Fraguas. Preme no enlace
Antonio Fraguas. Polo Correo do Vento

Tamén fixemos traballo caricaturista preme e aprende
Caricatura de Antonio Fraguas

Ledicia e A balada dos unicornios

Visita da autora  Xa lemos o libro a Balada dos unicornios faltaba coñecer detalles que  explicou a autora, entre os seus gustos o inframundo, o libro é unha homenaxe á Muller científica, na revolucion industrial do sXVIII

venres, 17 de maio de 2019

Premio relato curto

Antonio Fernández C. foi premiado no V Concurso de Relato Curto do Ateneo Santa Cecilia-Marín.  "Marín Conta" polas Letras Galegas 2019. Parabéns polo traballo, combinou personaxes e lugares con habilidade necesaria para ser valorado o seu relato "O xigante barrigón".





luns, 13 de maio de 2019

Animación a lectura

Antía e Chiqui acercáronse a Biblio de Seixo para traer máis libros do homenaxeado das Letras Galegas 2019, Antonio Fraguas. Desfrutade da historia con pictogramas e cantada
Casamento da pulga
E se premes no enlace verás que foi moi interesante para o grupo de quinto Fomento á lectura nos centros escolares de Marín

mércores, 8 de maio de 2019

venres, 3 de maio de 2019

Atletismo

O grupo de 5º participou nas pistas de atletismo no campo de fútbol de Marín, en probas de relevo, de 500m.,60m vórtex , lanzamento de peso,ersalto de lonxitude. Con outros escolares da provincia de Pontevedra
Preme no enlace
Atletismo 3 de maio 2019 en Marín

Atletismo de escolares

xoves, 2 de maio de 2019

Correlingua

Participamon no Correlingua de Cangas do Morrazo co lema "O galego é a fórmula" contamos coa animación de Uxía Lambona e a Banda Molona.

O 1º programa de TV

Xa é oficial! Arranca a Tv Estudios Arnaldo. Aínda que non somos profesionales fixemos entre todos este programa. Gravar imaxe e audio, elaborar o guion, dirixir, producir, diseñar, e por último analizar os erros para reeditar. Co traballo colaborativo somos máis eficaces e coa crítica constructiva non hai quen nos pare. Traballón!. Preme no enlace A poesía na nosa lingua
   Agardamos que vos guste!