GRAZAS!!! Desfrutade do verán.
Os deberes:
-Facer bombas na piscina
- Loita de auga, valen mangueras, cubos, pistolas …
- Saltar ondas.
- Bucear
- Durmir ata as 10 da maña.
-Deitarse despois de ter un día cheo de aventuras
- Coa vosa creatividade seguro que superades calquer proposta
-Investigade na natureza
-Desfrutade do tempo libre en familia e cos amigos
VEMONOS EN SETEMBRO.
venres, 21 de xuño de 2019
mércores, 19 de xuño de 2019
xoves, 6 de xuño de 2019
Novas científicas na TVG
A TVG aposta pola divulgación científica co novo programa 'Aquelando', en que participarán centros educativos
Nace ‘Aquelando’, novo programa divulgativo da Televisión de Galicia dirixido a todos os segmentos de idade, tanto público adulto coma infantil se estrea o vindeiro sábado, 11:45, é un espazo desenfadado, cunha estrutura narrativa dinámica, conformada por seccións breves, unha das cales será gravada en centros educativos, coa participación activa de alumnos e profesores. ‘Aquelando’ combinará contidos atractivos para o público xeralista, como experimentos, análise de falsos mitos ou experiencias na rúa, con outros dunha maior carga científica.
‘Aquelando’ comeza este sábado a súa andaina falando de forzas físicas. No colexio ensináronnos as leis de Newton, pero na vida práctica semella que non nos fiamos da física, polo que o programa vai xogar e experimentar hoxe coas forzas con diferentes experimentos. O experimento final levará o equipo a levantar un coche cun guindastre utilizando unhas guías telefónicas entrelazadas.
Ademais, o novo espazo da TVG explicará a gravidade xogando ao baloncesto e a inercia cun péndulo xigante, construirá un cohete e comprobará as forzas de rozamento conducindo coches deportivos.
Preme nos enlaces e poderás ver o programa da TVG.
1ª LEI DE NEWTON
FOGUETE
2ª LEI DE NEWTON
LABORATORIO forzas
Proba con Karts 1ª Lei de NewtonMitos de ciencias
Guindastre 3ª Lei de Newton
Lume
AIRE
Espazo
Os metáis
O corazón

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)