xoves, 21 de outubro de 2021

Día das escritoras

     O luns 15 de outubro conmemorase o Día das escritoras, hoxe a escritora Elena Gallego Abad visitounos na aula, presentouse como domadora de dragóns, explicounos que en Galicia existen dragóns en diferentes lugares, mostrounos unha medalla contra os ataques dos dragóns. 
Estaba moi contenta de contarnos o seu oficio por fin, despois do parón que a pandemio obrigoulle a gardar en canto as visitas aos centros educativos. Gustoulle moitísimo a nosa biblioteca e deixou un recordo no libro de visitas para Arnaldo.






Grazas pola túa disponibilidade e sobre todo por mostrarnos que hai mundos máxicos agochados na realidade máis cercana, ao mellor deste grupo de sexto teremos en pouco tempo escritores e escritoras que viaxarán ata onde queiran chegar.

luns, 11 de outubro de 2021

Entrevista ao fillo do porteiro

  Comezamos o noso proxecto investigación polo cincuentenario aniversario do cole, " Anacos de vida do Colexio de Seixo".

Entrevistamos  na radio A Voz de Arnaldo ao fillo do primeiro porteiro do colexio de Seixo.

Antes chamaban " Grupo Escolar", Lois González Dopazo viviu na casiña, axudou a limpar baños e chans, colocar mobiliario, ordenar os libros da biblioteca, convidarono a ir de excursión co alumnado de EXB que estudaba.Recorda moitas anécdotas dos seus pais no cole, de profesores, e de moitos alumnos. 







Volveu despois da xubilación do seu pai D. Antonio González para dar conferencias, agora volve a darnos unha moi particular e descubrir novas sensacións ao entrar na que fora a súa casa, a súa habitación, o ventanuco das chuches e doces.


xoves, 7 de outubro de 2021

A máquina do tempo


Aplicación online para recorrer varias épocas históricas: prehistoria, Egipto, persas, fenicios, Grecia, Roma, imperio Bizantino, alta edad media, baja edad media, edad moderna y siglo XVII. Incluye actividades interactivas.