mércores, 30 de outubro de 2019

Marín SAMAÍN

 Marín SAMAÍN
Chegou o remate do mes de octubro, sapos, meigas, pantasmas, zombi, esqueletes... É tempo de Samaín agochado na imaxe está ó enlace. Coidado! Vas pasar miedo!

luns, 28 de outubro de 2019

Cambio climático

As consecuencias do cambio climático

https://youtu.be/nnL6thNEN64 

aumento de temperatura, incremento de chuvas e tormentas, grandes secas, disminución dos glaciares ou ríos xeados, elevación do nivel do mar, cambio da duración das estacións do ano e por tanto cambios fenolóxicos en especies vexetais e animais.

venres, 25 de outubro de 2019

O sistema dixestivo, circulatorio,respiratorio, excretor


Os alimentos que inxerimos fan unha viaxe dentro do noso corpo, neste video explicativo poderás atopar todo o que aínda non comprendiches.

O sistema circulatorio: O transporte de sustancias coma o osíxeno, nutrintes, dióxido de carbono e sustancias de refugallo na sangue polo movemento contínuo que lle imprime o corazón.
A excreción: A acumulación de sustancias de refugallo é necesario filtrar o sangue, a clave é a auga.

 A respiración para obtención de osíxeno e eliminación do dióxido de carbono.



Investigando en plástica

Imos experimentar con cualidades físcas : transparencia, flotabilidade, solubilidade, medida de líquidos, ccromatografía, armonía do movemeto, o son, a velocidade.
Creamos un bote que previamente diseñamos, logo trouxemos os materiais.
Ao documentarnos sabemos que lle chaman o Frasco da calma, serve para mellorar personalmente e individualmente. Disque ao mellorar na concentración, a atención tamén podemos mellorar na vida social, conseguir control da ansiedade e control do enfado.



xoves, 24 de outubro de 2019

EU RECOMENDOCHE

Hoxe celebrando o Día das Bibliotecas o alumnado de sexto propón a lectura de libros que coñecen  moi ben, neste vídeo editado “ Eu recomendo” preme na imaxe .
https://youtu.be/p0A0K-E7s-c

O "Timbre tolo" foi unha experiencia lectora moi satisfactoria, lendo e lendo pasou a mañá do 24 de outubro fai click na foto, toca ler en ...





martes, 22 de outubro de 2019

Teatro Troya

Cada día son máis habituáis os fraudes tecnolóxicos , dende a intrusión con software de control remoto, Apps que duplican as SIM, captación de identidades e outros  perigos  menos evidentes coma o cobro por incrementar a calidade  dos videoxogos gratuitos, a descarga de tonos ou as votacions en programas televisivos. Moita  xente nova vese afectada por este tipo de estafas e os protagonistas de esta obra, Héctor, Helena e Alejandro,  veranse tamén ante esta situación fraudulenta.