luns, 25 de febreiro de 2019

Día de Rosalia de Castro


Diseñado con poemas da ilustre Rosalía de Castro
A totalidade de alumnado do Ceip de Seixo participou no deseño do cartel conmemorativo, saímos para facelo público nos comercios da parroquia, ao tempo agasallamos aos  transeúntes cun pequeno cartelDía de Rosalía de Castro 24 de febreiro
 24 de febreiro

mércores, 20 de febreiro de 2019

Ponlle pilas ao teu bocata

Hoxe merenda chea de omega 3, moi saudable, e desfrute de tecnoloxia Casco e gafas interactivas Molou moito, estes cociñeiros saben convencer con argumentos! 
Ponlle pilas ao teu bocata

martes, 19 de febreiro de 2019

ECOSISTEMAS en España

ECOSISTEMAS TERRESTRES

Alta montaña

Os ecosistemas de alta montaña podemos localizalos en  Pirineos, o Sistema Ibérico, o Macizo Galaico, o Sistema Central e os Sistemas Bético e Penibético.

Bosque Atlántico

Este tipo de ecosistema localizase sobre todo no noroeste da Península Ibérica.

Bosque Mediterráneo

Pódese localizar en toda España, agás no norte e as Illas Canarias.

Deserto

Pódese localizar en Almería, parte oriental de Canarias, Murcia, zonas de Aragón, Albacete ou Cidade Real.

Estepa

Localizase en Castilla León (Valladolid, Zamora o Palencia), Valle do Ebro, Castela A Mancha, zonas de Extremadura e Andalucía.

Laurisilva Localizase en certas zonas das Illas Canarias.

ECOSISTEMAS ACUÁTICOS 
Humedales
Ríos 
Lagos 
Zonas marinas

mércores, 13 de febreiro de 2019

Dia da Radio

Hoxe celebrando o Día da Radio, 5º E.P. opina sobre a nosa radio A voz de Arnaldo Preme nos enlaces para disfrutar dos audios.  Esperamos que non deixedes de seguirnos.
¡Recomendado  este audio de iVoox!Opinando sobre a voz de Arnaldo
http://www.ivoox.com/32437656
Opinando sobre a voz de Arnaldo

venres, 8 de febreiro de 2019

Experiencias na aula



Hoxe estivemos experimentando coa ciencia e tamén coa expresión visual a través da tecnoloxía, audio e imaxe, esperamos que sexa do voso agrado o resultado.


 A ciencia e experiencias