mércores, 27 de marzo de 2019

Poeta


Hoxe visitounos un poeta vigués, mestre, deportista e moitas cousas máis, pasamos un rato poético, seguimos traballando na hora de ler. 
 Na Voz de Arnaldo tres compañeiras levaron a cabo a entrevista que preparamos entre todos.
Tamén confeccionamos a páxina para o libro das visitas na Biblio de Arnaldo, imaxes, biografía, premios, traballamos moitísimo, pagou a pena.
Agora hai que desfrutar da súa poesía.


luns, 25 de marzo de 2019

Visita didáctica da Policía Nacional

Hoxe recibimos na aula de 5º a Diego, policía nacional da comisaría de Marín. Tivemos unha charla informativa e entretida, a través de vídeos coñecimos formas de actuar dos “malo” con fines escuros e buscando enganar a xente confiada e inxenua. Delitos na rede, abusos e consellos para evitar a pérdidas da conciencia do que nos rodea, por estar centrados no móbil.


https://www.facebook.com/iketelevision/videos/348858912390116?sfns=mo

xoves, 21 de marzo de 2019

Día da poesía Día do árbore

Día de conmemoracións, traballando os poemas, engaiolados polas árbores.
Preme no enlace para ver os deseños de carteis.

venres, 15 de marzo de 2019

15M CLIMÁTICO

Día do consumidor reflexionamos dos dereitos que temos recoñecidos dende o 1985.
Non podemos esquecer  a conciencia persoal e medioambiental do alumnado, as súas  reflexións saben que o futuro do Planeta está nas súas mans. A regra das 5 R será quen de darlle a volta ao cambio climático.
Nos tamén fixemos paro para manifestar que estamos en contra do cambio climático.

mércores, 13 de marzo de 2019

Actividades interactivas

 Preme na imaxe abrirá o enlace para practicar actividades interactivas para 5º de Educación Primaria


martes, 12 de marzo de 2019

Visita da autora e historiadora

Recibimos a visita da autora e a historiadora do libro María Vinyals Un talento rebelde, preme na imaxe para desfrutar de parte da historia, podes documentarte sobre esta escritora e feminista galega da provincia de Pontevedra, Soutomaior.
María  Vinayls: un talento rebelde entrevista na Voz de Arnaldo
http://www.ivoox.com/33344299