Hai diferentes tipos de ensaio: ensaio crítico, ensaio descritivo, ensaio poético,ou ensaio persoal.
No ensaio o autor pode referirse aos seus sentimentos, as súas ilusións, os seu puntos de vista, as súas opinións
A estructura que segue o texto:
- Introducción
- Desenvolvemento
- Conclusión
A presente obra pretende dar unha visión panorámica aínda que forzosamente incompleta da literatura popular galega ao longo do seu descorrer histórico. Ás dificultades e perigos habituais nunha obra de síntese desta índole( redución simplificadora, saltos no tempo, lagoas na descrición, etc.) hai que engadir aquí os que se derivan da ausencia de traballos sistemáticos neste eido en Galicia, o que a penas permitiu seguir pautas ou emendar anteriores (….)
Os datos sobre a literatura popular galega son escasos ata a metade do século XVIII. Ata entón os anacos, os indicios e vestixios dunha produción definitivamente oculta son os únicos alicerces para intentarmos reconstruír a súa realidade. O século XIX, en troques, é o período onde o producido e o transcrito parecen estar máis en consonancia: ao uso xeneralizado da literatura popular corresponden unhas recolleitas variadas e abundantes ; pero aínda así o desequilibrio é evidente, especialmente nos xéneros en prosa, que a penas foron transcritos. No século XX, en fin, abundan as recolleitas pero as novas condicións de vida ( uso do castelán, urbanización, emigración, tecnificación da oralidade e industrialización dos seus produtos, etc) foron provocando o progresivo desuso desta literatura, se ben na memoria dos seus usuarios queda aínda un nutrido repertorio, en gran parte gravado e transcrito con dilixencia polos estudosos.(…)
Diante desta situación cómpre preguntármonos se paga a pena dedicar tempo e esforzo ao coñecemento desta literatura. A resposta, xa que logo, deberá de ser individual, pero calquera que, valor estético á parte, estamos ante a tradición literaria máis antiga, máis constante, máis fecunda e máis eficaz, isto é, a que foi coñecida, gozada e transmitida por maior número de galegos ao longo da historia.
Historia da literatura popular galega
Domingo Blanco Pérez Biblioteca de Divulgación
Universidade de Santiago de Compostela ( adaptación)