venres, 24 de abril de 2020

RELATO CURTO

Hoxe dou traslado da información do Concello de Marín sobre Relato Curto
#COVID19 ▶️ Atención, amantes da lectura e da escritura! Queda APRAZADO o XVI Premio de Narración Curta Concello de Marín até que remate o estado de alarma. Pero... non pechedes a libreta! 🖋️ Anunciarase un novo prazo de presentación de textos. Polo momento, aproveitade o confinamento para gozar da literatura e da cultura en xeral, a única vía que temos para saír da nosa casa e viaxar a outros mundos. #ACulturaSegue