A TVG aposta pola divulgación científica co novo programa 'Aquelando', en que participarán centros educativos
Nace ‘Aquelando’, novo programa divulgativo da Televisión de Galicia dirixido a todos os segmentos de idade, tanto público adulto coma infantil se estrea o vindeiro sábado, 11:45, é un espazo desenfadado, cunha estrutura narrativa dinámica, conformada por seccións breves, unha das cales será gravada en centros educativos, coa participación activa de alumnos e profesores. ‘Aquelando’ combinará contidos atractivos para o público xeralista, como experimentos, análise de falsos mitos ou experiencias na rúa, con outros dunha maior carga científica.
‘Aquelando’ comeza este sábado a súa andaina falando de forzas físicas. No colexio ensináronnos as leis de Newton, pero na vida práctica semella que non nos fiamos da física, polo que o programa vai xogar e experimentar hoxe coas forzas con diferentes experimentos. O experimento final levará o equipo a levantar un coche cun guindastre utilizando unhas guías telefónicas entrelazadas.
Ademais, o novo espazo da TVG explicará a gravidade xogando ao baloncesto e a inercia cun péndulo xigante, construirá un cohete e comprobará as forzas de rozamento conducindo coches deportivos.
Preme nos enlaces e poderás ver o programa da TVG.
1ª LEI DE NEWTON
FOGUETE
2ª LEI DE NEWTON
LABORATORIO forzas
Proba con Karts 1ª Lei de NewtonMitos de ciencias
Guindastre 3ª Lei de Newton
Lume
AIRE
Espazo
Os metáis
O corazón