luns, 16 de marzo de 2020

Tarefas programadas para facer na casa

                Recordade que temos que ser responsables, estamos nun procedemento de contención de contaxio por COVID-19 é preciso seguir as recomendacións das que falamos na aula, quedade no domicilio, non fagades quedadas en casas de amigos, lavade as mans a miúdo, se hai tos taparse co pano de papel ou na parte anterior do brazo.
Por este medio irei propoñendo actividades para resolver, o correo electrónico para dúbidas  será:

       profe.mjose.seixo@gmail.com

En horario lectivo  09.30/14.30


TAREFAS: Irán aparecendo progresivamente, están programadas en diferentes horarios, teredes tempo para organizar. A resolución será na libretas correspondentes, á volta correximos no cole.

  1.  MISIÓN ALBA, realiza a ficha do experimento contesta as cuestións por escrito. Con axuda dos maiores da casa escribe o correo electrónico profe.mjose.seixo@gmail.com para subir o informe así superar o reto e lograr o Máster da ENERXIA.    Este enlace axuda á resolución https://youtu.be/-hkzOQXndjQ  Suspensión de tarefa 17/03/2020 por flexibilización dos prazos por mor do COVID-19
  1. LECTURA do libro Xelis o aguieiro das botellas de mar, Rosa Aneiros, Ed. Xerais. Adicando un tempo diario de 30 minutos á mañá e 30 minutos á tarde.
  2. RELATO CURTO, Elaborade un relato curto en galego, a temática é libre, como máximo tres carillas, para presentar a un certamen de Relato curto.
  3. Os problemas de matemáticas tomarase os datos na libreta e se solucionarán como maximo tres cada día.
  4. Traballar os enlaces de contidos de CCNN

    1. https://www.youtube.com/watch?v=Ps54eXe8YHY
  1. Traballa o seguinte texto contesta por escrito Ella Fitzgerald
  2. Traballa o enlace de CCSS
    1.  Napoléon Bonaparte
    2. Biografía Napoleón Bonaparte
  3. Elabora a Biografía de Andrea Maceiras : Informe escrito con imaxes pequenas (tamaño foto de carnet) en folios,  papel cuadriculados,  rayados, solo por unha cara.
  • Lugar de nacemento, estudios, obras publicadas, premios gañados.